X

As persoas dunha aldea que pertencen a diferentes países comezan a lembrar como era a vida en común nunha fronteira xa diluída. A partir dos turbulentos anos30 a “Raia” (a Fronteira) foi un camiño de liberdade para os que fuxiron da guerra, unha trampa mortal para quen quería seguir loitando, unha ruta comercial para a supervivencia e un camiño de tradicións culturais compartidas polos veciños e veciñas que tiñan diferentes pasaportes. Na “Raia” a Fronteira non separa, unía.